martes, 31 de enero de 2017

Negreira prepárase para catro intensos días de Entroido

Entroido Negreira. 2016 from Eventos Visuales on Vimeo.


Dende o venres 24 ata o luns 27 de febreiro de 2017, a Capital do Val de Barcala vai a celebrar unha das Festas máis importantes da comarca de Santiago, con troula, música e un desfile de Comparsas e Carrozas con multitude de premios.

O venres 24 e o primerio día co Desfile da Escola Infantil polas rúas e pola Noite coa actuación dunha orquestra, e coa participación das xa tradicionais ceas de Entroido.

Para sábado 25, terá lugar o día grande coa celebración do Desfile de Carrozas e Comparsas, con premios para os mellores disfraces, cuns premios que se manteñen iguais o do pasado ano.

O domingo 26 vai a ter lugar por primeira vez a Festa dos Callos, na Praza do Concello.Unha Festa organizada pola SD Negreira.

Tamén terá lugar o tradicional Baile de disfraces para os maiores a partir das 18:00 h. no Centro Sociocultural.

Para rematar, o luns 27 será o turno do máis pequenos co Concurso Infantil de disfraces no Auditorio do Centro Sociocultural.


A programación está deseñada como en anos anteriores, potenciando a esencia desta celebración, o Entroido na rúa. En vindeiros días será presentado o Cartel e as actividades...